Noticias
10 de outubro de 2011
Ao Panificadora escápaselle o partido nos últimos cinco minutos (Guntín 1-4)

O Panificadora del Eo-Ribadeo FSF e o FSF Ayuntamiento de Guntín, no derbi lugués de Autonómica, ofreceron un bonito duelo. Mostraron un partido aberto con moitas ocasións en ambas as porterías que ao final se decantou para o reforzado Guntín (1-4), líder unha semana máis.

As ribadenses adiantáronse no marcador aos 2 minutos e mantiveron o resultado ata o minuto 35. Foi nos 5 últimos minutos cando as locais foron vulnerables. O gol do Panificadora marcouno Lorena en propia porta ao intentar desviar un bo pase de Elvira a un metro da portería con destino a Eva. Co 1-0, dispuxo o conxunto de Martínez de varias ocasións para rematar o partido, principalmente nos pés de Elvira, Iria e Tania, que unha e outra vez se estrelaban contra a porteira visitante.

O Guntín igualou o marcador a falta de 5 minutos por mediación de Noelia ao culminar un dobre penalti. Non transcorrera o minuto e nun saque de esquina na portería ribadense, desafortunadamente desviado por Tania, caeu dentro da área local, de novo nos pés de Noelia, que transformou o 1-2. Un minuto máis tarde, nun mal pase Fátima entregou o balón a Laura, que a deixou soa diante de Carla e subiu o 1-3.

Nos catro últimos minutos, Martínez utilizou a María como porteira-xogadora, pero foi imposible perforar a un Guntín pechado na súa área. Lorena roubou un balón no ataque ribadense e anotou o 1-4 definitivo.

Os colexiados expulsaron a ribadense Elvira por dobre amarela e sancionou ao equipo local con 9 faltas na primeira metade e 7 na segunda, o que supuxo que as visitantes dispuxesen de 6 ocasións desde os 10 metros para perforar a portería defendida por Antía, na primeira parte, e por Carla, na segunda.

Na próxima xornada o Panificadora desprazarase a Ourense para enfrontarse ao filial do Cidade das Burgas.

 

Ficha técnica

Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Antía, Eva, Elvira, María e Fátima, cinco inicial; tamén xogaron Iria, Toñi, Elena, Ana, Tania e Carla

FSF Ayuntamiento de Guntín: Jésica, Noelia, Cristina, Mary e Lorena, cinco inicial; tamén xogaron Laura, Verónica, Patricia, Paula e Jessi.

Árbitros: Antonio Nieto Velado e Pedro Luis Rodríguez López, da delegación de Lugo. Mostraron cartón amarelo a Paula, Noelia e Lorena polas visitantes e a María, Carla, Elena e Elvira (dobre amarela) polas locais.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores