Noticias
1 de outubro de 2011
Os laranxas empatan ante o Antequera (2-2)

Vista Alegre asistiu a unha xornada un tanto amarga polo empate no último momento do equipo visitante, logo dun encontro vibrante con alternativas no xogo e múltiples ocasións de gol. Os pupilos de Quique García puxéronse por diante no marcador en dúas ocasións, pero o empate final de Guessous deixou os locais cun só punto.

Abriu a lata Clebinho cun gol no minuto 3 e os locais dominaron boa parte do primeiro tempo con xogadas de posesión e presenza en ataque. Pouco a pouco foi recuperando folgos o Antequera, que empatou no minuto 11 por mediación de Isaac e empezaba a ter as súas ocasións. Antes de chegar ao descanso, Ique volveu a vantaxe ao marcador para os locais, cun gol no minuto 16.

O segundo tempo foi moi dinámico e sucedéronse as oportunidades en ambas as dúas porterías. O Burela tivo varias ocasións para sentenciar o choque e tamén o cadro visitante dispuxo das súas. O xogo non tivo pausa e no medio do frenesí anotou Guessous o 2-2 definitivo (minuto 35). O marcador xa non se movería para desesperación dos xogadores laranxas, que tropezaban unha e outra vez coa muralla defensiva visitante.

Ficha do partido

Burela FS Pescados Rubén: Iago, Purao, Ique, Dani e Clebinho –cinco inicial-. Tamén xogaron Manolo, André, Míguez, Cachón, Juanma e Turero.

UMA Antequera: Boli, Crispi, Nacho, Tete e Flores –cinco inicial-. Tamén xogaron Da Silva, Arriaza, Isaac e Guessous.

Goles: 1-0, Clebinho (minuto 3); 1-1, Isaac (minuto 11); 2-1, Ique (minuto 16); 2-2, Guessous (minuto 35).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores