Noticias
1 de outubro de 2011
O equipo feminino perde en Córdoba (6-4) a pesar de xogar un gran partido

O Burela FSF Pescados Rubén empregouse a fondo con rotacións de banco que lles permitían manter un alto ritmo. Abriron o marcador as cordobesas, aos oito minutos, tras unha recuperación na metade de pista, Fátima superaba a Irene cun potente disparo desde quince metros. Superada a medianía do período, Beíta, tras recibir un centro de Amelia desde a ala, permitía ao Cajasur gozar dunha folgada renda que soubo manter ao descanso. Un temperán tanto das burelás ao minuto da continuación, obra de Lidia, nunha boa saída de presión e tras recibir de Haydée, parecía cambiar o rumbo do partido, máxime cando catro minutos despois, Maite á saída dun córner en xogada de estratexia situaba o Burela a un tanto do empate.

O Cajasur víase obrigado a tratar de defenderse en cancha propia das múltiples acometidas rivais. No tramo final do partido, Dany culminou no cuarto tanto local unha rápida transición ofensiva das locais. A continuación, Pardeiro optaba por alternar o xogo de cinco. Dany, aproveitando a portería visitante desguarnecida conseguía o quinto tanto desde metade de cancha, parecía pechar o choque, pero senllos goles do Burela Pescados Rubén, obra de Lucía de penalti e de Ro, nun disparo á media volta, engadía certa emoción ao último minuto. A escasos segundos do final, Noelia, en xogada persoal, conseguía superar no man a man a Irene para facer o sexto tanto co que as 'cajistas' pecharon o seu triunfo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores