Noticias
2 de xullo de 2011
A meta laranxa volverá estar custodiada por Jozi en 2011-12

A meta do Burela FS Pescados Rubén volverá estar custodiada pola internacional Joziane de Oliveira, Jozi, en 2011-12. A porteira brasileira asinou a renovación coa entidade esta semana, acompañada polo directivo do club Marcelino Luna.

Jozi manifestou a súa ledicia por seguir un ano máis en Burela. “Estou moi contenta e animada porque creo no equipo e confío no traballo do club” dixo a brasileira, que tamén fixo alusión ao vindeiro exercicio. “Teño moi boas vibracións; intentaremos seguir na mesma liña e loitar pola liga, aínda que equipos como o Ponte, Móstoles e incluso o novo UA Alicante se presentan moi fortes. A nova tempada promete ser aínda máis disputada e equilibrada” asegurou a porteira. 

Marcelino Luna incidiu na boa nova que supón “para o fútbol sala mariñán e para a División de Honra contar cunha das mellores gardametas do mundo” e destacou a implicación de Jozi coa Escola Deportiva EON Burela FS “na que próximo curso tamén colaborará como psicóloga, titulación na que licenciou recentemente pola Universidade de Santiago de Compostela”.

Esta será a terceira temporada da internacional canarinha nas filas burelistas, labor que compatibiliza co combinado brasileiro, co que se proclamou campioa do I Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino 2010 (Madrid, 6-11 decembro).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores