Noticias
28 de abril de 2011
Prone Lugo, primeiro rival dos xuvenís na Copa

O Burela FS Xuvenil comezará a andadura na Copa Nacional este sábado coa visita do Prone Lugo AD. Vista Alegre acollerá o encontro a partir das 16.00 horas.

Na primeira fase da competición, a unha volta, compartirán o Grupo Norte, con lugueses e burelaos, o Cidade de Narón e o Puerto Celeiro. AD FS Bueu, Leis Pontevedra, Cidade de Ourense e Xacobeo Lobelle FS compoñerán o Grupo Sur.

Os dous primeiros de cada grupo accederán á segunda fase, en dobre eliminatoria, o 22 e 29 de maio. A final terá lugar en campo neutral o 5 de xuño.

 

 

Copa Nacional Xuvenil

Burela FS-Prone Lugo AD

Sábado 30 de abril, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

 

Liga Autonómica Cadete

IES Coruxo-Burela FS Espina y Delfín
Sábado 30 de abril, ás 19.00 horas, no pavillón das Roteas de Vigo

 

Copa Autonómica Infantil

Hércules-ED EON Burela FS
Sábado 30 de abril, ás 17.45 horas, no pavillón de Cocheiras da Coruña

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores