Noticias
19 de abril de 2011
O Burela FS abre o prazo de inscrición para o I Torneo de Base EON (1-3 xullo)

O club laranxa xa ten aberto o prazo de inscrición para a cita que se converterá na sensación deportiva do verán mariñán en 2011, o I Torneo de Base EON Burela FS, previsto para o 1, 2 e 3 de xullo.

O torneo reunirá as categorías de Benxamín (2002-01), Alevín (2000-1999), Infantil (1998-97) e Cadete (1996-95) nunha competición que establecerá o sistema de dúas fases, de grupos e final, e se distribuirá entre os pavillóns burelaos de Vista Alegre e Monte Castelo, o cervense de San Cibrao e o de Marzán, en Foz.

O prezo da inscrición será de 120 euros para os equipos que manteñen convenio de colaboración co CD Burela FS e 150 para o resto. A data límite para reservar praza será o 10 de xuño.

As escolas e clubs interesados poden recibir máis información na sede do CD Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, 982 58 18 15).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores