Noticias
19 de abril de 2011
O internacional xaponés Toru Sato adestrará co cadro laranxa ata finais de tempada

O internacional xaponés Toru Sato adestrará co Burela FS ata finais de tempada. O ala-peche chega á Mariña tras a formalización do acordo entre o club laranxa e a Federación Xaponesa de Fútbol. O xogador, que xa coñeceu os seus compañeiros dos próximos meses na sesión matinal de hoxe, foi recibido nas oficinas do club polo xerente da entidade, Fernando López, e o directivo Antonio Ródenas.

Procedente do Shriker Osaka da F-League nipona, Toru Sato (Niigata, 1985) é un dos habituais da selección xaponesa do español Miguel Rodrigo, que xa visitou o pavillón burelao de Vista Alegre no pasado mes de marzo para medirse en amigable a un combinado da Mariña.

Fernando López referendou a  irmandade deportivo-cultural entre o pobo nipón e o burelao, que “consolida os cimentos da boa relación que xa mantén o club coa Federación Xaponesa para futuros proxectos conxuntos”. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores