Noticias
18 de abril de 2011 A Mariña-El Progreso
A cor laranxa mantense no podio grazas á vitoria en Elxe (1-2)

O Burela FSF Pescados Rubén afiánzase na terceira posición da División de Honra logo de vencer por 1-2 na pista do Femesala Elche. O cadro de Pardeiro chega á parada de Semana Santa reforzado deportiva e moralmente.

O choque saíu como esperaba o técnico mariñán, que aproveitou para tecer pases entre liñas con boas circulacións de balón. O Burela FSF rompeu continuamente a presión ilicitana e xerou múltiples ocasións, sobre todo con Vanessa e Dolo, pero adoeceu de falta de acerto ante a meta do Femesala. Ao descanso chegouse cun inquietante 0-0.

A segunda metade abriuse cun gol de estratexia de Vanessa, que aproveitou un saque de banda. A brasileira mostrouse tremendamente activa rompendo unha e outra vez a defensa local por velocidade, pero faltoulle un chisco de sorte para culminar as xogadas. A pesar de todo, foi Vanessa a que aproveitou un erro do Femesala, xa con porteira-xogadora para elevar o 0-2 ao marcador.

O Burela FS defendeu con acerto o cinco para catro e puido matar o partido, pero foi o Femesala o que recortou distancias, a poucos segundos do final.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores