Noticias
15 de abril de 2011
Os laranxas visitan o fondo da táboa en Albacete co fin de asegurar a fase de ascenso

Os laranxas visitarán mañá o fondo da táboa en Albacete co firme obxectivo de asegurar un billete para a fase de ascenso. Dende a oitava praza os pupilos de Suso Rey mediranse a un rival xa descendido matematicamente, que pelexará polo orgullo dende o décimo sétimo posto. A trixésimo quinta xornada de Prata  arrincará no pavillón universitario ás 17.30 horas.

Aínda que a priori o Burela FS parte como favorito non debe descoidarse. O Albacete esperarao no sitio onde mellor sabe xogar; dos seus 26 puntos actuais, 19 conseguiunos na casa con 5 vitorias (Brihuega 4-1, BP Andorra 4-2, Tobarra 3-2, Melilla 5-1 e Murcia 3-2) e 4 empates (Antequera 3-3, Cáceres 4-4, Lanzarote 3-3 e Zamora 5-5).

O cadro mariñán (48 puntos) precisa os tres puntos para manter as distancias co noveno, UMA Antequera (46), e sobre todo co abismo da décima praza, ostentanda polo Lanzarote Arrecife 2020 Tías Yaiza; os rivais directos dos laranxas mediranse nesta xornada a dous conxuntos que loitan por escapar do perigo do descenso, ao Space Gasifred Ciutat d’Eivissa (15º) e Fuconsa Jaén (14º), respectivamente. Pola parte de arriba entre os privilexiados, o Burela FS ten a ElPozo Ciudad de Murcia, que non xogará o play off, a tan só dous puntos; os levantinos visitarán esta fin de semana a cancha do Unión África Ceutí (13º).

Christian será a única baixa do vestiario mariñán, por unha contractura no xemelgo sufrida durante os adestramentos da semana.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores