Noticias
10 de abril de 2011
O Alcorcón non pode coa capacidade goleadora das xogadoras laranxas (9-7)

O Burela FSF Pescados Rubén deu un festival goleador en Vista Alegre (9-7), diante dun equipo visitante que se defendeu con acerto no segundo tempo, grazas en parte a que as xogadoras de Pardeiro se cargaron de faltas cando aínda quedaban bastantes minutos para o final. Empezou demoledor o cadro laranxa, con goles de Vanessa (3), Lucía (2) e Claudia (1) no primeiro tempo, por só un gol das visitantes.

As xogadoras burelás dominaban o xogo e marcaban a distancia no marcador con suficiencia e en ningún momento viron perigar o encontro por máis que, ao chegar ás cinco faltas rapidamente nos segundos vinte minutos, esta circunstancia provocara que o Alcorcón lograra  transformar cinco tantos en catro minutos. Non obstante, o Burela FSF Pescados Rubén venceu con autoridade a un rival que ‘maquillou’ o resultado nos últimos minutos, aínda que se veu vencido pola capacidade goleadora das de Pardeiro, cunha Vanessa estelar (4 goles) nun partido no que tamén anotou un gran gol Silvia na súa segunda aparición co primeiro equipo. As laranxas continúan pois situadas nunha meritoria terceira praza ofrecendo goles e espectáculo na División de Honra Feminina.

 

Ver crónica aquí

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores