Noticias
8 de abril de 2011
O Barcelona B inaugura a recta final laranxa cara ao play off

O FC Barcelona B inaugura mañá a recta final dos laranxas, en Vista Alegre (18.30). Cinco xornadas e cinco verdadeiras finais lle quedan ao Burela FS para rematar a liga entre os privilexiados para disputar a fase de ascenso, con moi pouca marxe de erro.

Con 45 puntos, os pupilos de Suso Rey defenderán a última praza de play off, ante o undécimo clasificado (42), un rival complicado, con xogadores novos, moi rápidos e cunha boa defensa. A baza mariñá basearase en facer valer a fortaleza local ante un equipo que baixa o nivel a domicilio; na segunda volta,  tan só se impuxo en Zamora (2-4) e empatou co Extremadura Cáceres 2016 (3-3).

Tres puntos separan a culés e laranxas, pero a novena posición dos burelaos non está en perigo polos cataláns, sen opción ao ascenso, senón polo Azulejos y Pavimentos Brihuega, que dende o décimo posto (42) visita esta semana o Zamora (sexto, 50). Cun resultado favorable, o Burela FS ten opcións de distanciarse desta fenda, coa oitava praza a tan só un punto, custodiada polo UMA Antequera, que viaxa a Lanzarote para medirse ao duodécimo (39). 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores