Tres equipos do CD Burela FS participarán no IX Torneo Internacional de Fútbol Sala de Base ‘Cidade de Lugo’, que terá lugar na urbe amurallada entre o 26 e o 28 de decembro.
O Alevín A, Infantil A e Cadete da canteira laranxa terán que enfrontarse nesta primeira fase da competición, de carácter autonómico, a tres rivais. No Grupo C, os alevíns mediranse ao Concello de Guitiriz, CD Mare Nostrum FS B e Club del Mar de San Amaro. Os Meigallos FS, Salesianos e EDM Vilalba competirán cos infantís, no Grupo D. Finalmente, os cadetes compartirán o Grupo D co Ciudad de Lugo Nupel FS, AD Barval FS-EM O Barco e Salesianos.
Esta fase do ‘Cidade de Lugo’ reunirá un total de 64 equipos entre as categorías de benxamín e cadete. Cada conxunto disputará un partido o domingo 26 e dous o luns 27; no caso de quedar como primeiros de grupo, os burelaos accederán ás semifinais do martes 28, con vistas á segunda fase do torneo, de carácter nacional/internacional, prevista para o 2, 3 e 4 de xaneiro de 2011.
Domingo 26 de decembro
21.00 horas: Club del Mar San Amaro Alevín-ED EON Burela FS Alevín A (Casa do Deporte)
22.00 horas: ED EON Burela FS Infantil A-Os Meigallos Infantil (O Pombal)
22.00 horas: Burela FS Cadete-Ciudad de Lugo Nupel FS Cadete (Palacio Municipal dos Deportes)
Luns 27 de decembro
14.00 horas: CD Mare Nostrum Alevín-ED EON Burela FS Alevín A (Casa do Deporte)
15.00 horas: ED EON Burela FS Infantil A-Salesianos Infantil (O Pombal)
15.00 horas: Burela FS Cadete-AD Barval Cadete (Palacio Municipal dos Deportes)
21.00 horas: Concello de Guitiriz Alevín-ED EON Burela FS Alevín A (Casa do Deporte)
23.00 horas: ED EON Burela FS Infantil A-EDM Vilalba Infantil (O Pombal)
23.00 horas: Burela FS Cadete-Salesianos Cadete (Palacio Municipal dos Deportes)