Noticias
25 de novembro de 2010
O Burela FS, no Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero
O Burela FSF Pescados Rubén colaborou esta mañá no acto organizado polo Concello de Burela con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Xogadoras do primeiro equipo, así como membros da xunta directiva da entidade laranxa, participaron na solta simbólica de globos brancos e violetas, na praza do consistorio, en recordo das mulleres asasinadas este ano. Entre outras mulleres do municipio, á capitá burelista, Claudia, correspondeulle ler unha parte do manifesto de denuncia.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores