Noticias
21 de novembro de 2010 El Progreso
O Burela FSF imponse en Alcorcón (0-5) e ascende á sexta praza

O Burela FSF Pescados Rubén sobe á sexta praza tras encadear en Alcorcón a súa quinta xornada sen perder. As laranxas golearon con claridade (0-5) a un apoucado rival.

Os dez minutos iniciais foron os únicos igualados do encontro. O 0-1, de Lara, asentou o cadro burelista, que mellorou co paso dos minutos, aínda que sen sorte para a finalización ata o descanso.

O 0-2 resultou determinante porque foi un duro golpe para o Alcorcón, cada vez máis desorientado na pista. O Burela FSF dominou o encontro e en ningún momento viu perigar o triunfo. As locais apostaron por utilizar porteira-xogadora nos últimos nove minutos, con 0-3 no marcador, pero as mariñás non só mantiveron a vantaxe senón que a ampliaron en dous goles máis.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores