Noticias
19 de novembro de 2010
Adestramento da selección galega

Os xuvenís do Burela FS Manuel Jiménez e Juan Quiroga foron reclamados para o segundo adestramento de Galicia Sub-19 de cara ao Campionato de Seleccións Territoriais, que terá lugar entre decembro de 2010 e xaneiro de 2011. A devandita sesión será o vindeiro luns, 22 de novembro, no pavillón santiagués de Roxos (18.30 horas).

A RFEF deu a coñecer hoxe os primeiros cruzamentos, cun total de 17 seleccións que disputarán a fase previa entre o 27 e o 30 de decembro, distribuídas en cinco sedes. Galicia competirá no Grupo II, con Andalucía como anfitrioa, Castela-A Mancha e Madrid; Melilla será a sede do Grupo I, con  Navarra, Aragón e Estremadura; Cataluña encabezará o Grupo III ante Baleares e Canarias; Murcia acollerá o Grupo IV, con Castela e León e Comunidade Valenciana; e, por último, no V Asturias e A Rioxa terá como sede o País Vasco. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores