Noticias
7 de novembro de 2010
Empate inmerecido do Orvina ante un Pescados Rubén Feminino (2-2) que non tivo sorte

Intentouno o equipo que adestra Javier Pardeiro e ata se puxo por diante en dúas ocasións, pero finalmente o Orvina acadou un empate que non fai xustiza ao visto no terreo de xogo.

O Burela FSF dispuxo das mellores ocasións durante a primeira parte e controlou o encontro en boa medida. Ro converteuse na goleadora da tarde, ao marcar nos minutos 13 e 34. O primeiro dos goles foi de moi bela factura, logo dunha boa combinación. O segundo dos goles conseguiuse coa táctica da porteira-xogadora por parte do equipo laranxa. E antes, no mesmo minuto 34, produciuse unha superioridade do Burela tras expulsión de Sarah por vermella directa, circunstancia que non souberon aproveitar as de Pardeiro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores