O Burela FS recorreu esta mesma mañá a sanción de 4 partidos de suspensión para Minu imposta pola RFEF por ser o responsable dunha suposta agresión ao remate do terceiro encontro de play off ante o Puertollano FS Restaurante Dacho, baseándose no reflectido na acta arbitral.
No suceso mencionado, o xogador burelista foi a vítima e non o agresor e así se deixa constancia no apartado de incidencias do devandito documento: “… D. Antonio Minuesa do CD Burela FS encárase con xogadores do equipo contrario e ao retirarse o encargado de material D. Carlos Palomos Pecos do equipo Puertollano FS dálle un golpe no lombo co seu puño dereito”.