Noticias
2 de xuño de 2010
As Xornadas Formativas Burela FS profundan na preparación baixo a portería

As II Xornadas Formativas Burela FS estrearon as sesións prácticas onte baixo o título ‘O adestramento específico de porteiros’, a cargo do segundo técnico do Burela FSF Pescados Rubén, Marcelo Santoro ‘Neco’, e coa axuda dos metas laranxas Edu e Brais.

A cita reuniu a numerosos profesionais do fútbol sala, que chegaron ao pavillón Vista Alegre dende puntos da Mariña como Ribadeo, Xove ou Foz para asistir ás explicacións de Neco e presenciar diferentes exercicios de quentamento, pernas e brazos, postos en práctica polos porteiros do equipo xuvenil laranxa, Juan e David, e o xogador do primeiro cadro André. Marcelo Santoro completou a sesión facendo un repaso polo seu labor no club burelista de preparación de gardametas no primeiro equipo feminino e nas diferentes categorías inferiores.

A segunda edición das Xornadas Formativas Burela FS pecharase o vindeiro mércores, 9 de xuño, cun relatorio de Hugo Nava, adestrador do Gijón-El Llano, sobre a iniciación á técnica. Será ás 17.00 horas, no IES Monte Castelo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores