Noticias
28 de marzo de 2010
Vitoria incontestable do Burela FS en Avilés (0-7)

Os de Suso Rey deixaron ben claras as súas aspiracións de cara ao play off de ascenso cunha vitoria autoritaria na pista do Avilés (0-7), nun choque no que destacou a capacidade goleadora de Manu, con dous tantos de dobre penalti no último treito do partido. Tamén completaron as rotacións Turero e Brais, cunha notable intervención no xogo laranxa.

Anotaron Cristian, Minu e André na primeira parte. Completaron a goleada Dani, de novo Cristian e Manu en dúas ocasións (minutos 36 e 37).

A derrota de Talavera (5-1) co Valverde deixa aínda aberta a posibilidade para os laranxas de ocupar a primeira praza do grupo ao termo da fase regular. O Burela FS recibe a visita do León na vindeira xornada, e os líderes xogan na casa ante o Andorra, que gañou 11-1 ao Lanzarote.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores