Noticias
25 de marzo de 2010
O CD Burela FS fletará un autobús para a Copa de España de Ourense

O CD Burela FS, en colaboración coa peña Soles Laranxas, poñerá á disposición da afección un autobús, por xentileza de Autos Morán, para que as persoas que o desexen poidan desprazarse a Ourense, con entrada incluída, para presenciar o enfrontamento entre o Burela FSF Pescados Rubén e o Femesala Elche o venres 9 de abril, nos cuartos da XVI Copa de España.

O bus partirá da estación de Burela ás 8.00 horas do venres. O regreso realizarase ao finalizar o encontro do Pescados Rubén.

Os seareiros/as que o desexen poderán apuntarse á viaxe, ata o mércores 7 de abril, nas oficinas do CD Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou enviando un correo electrónico a burelafs@burelafs.org, no que indiquen nome, apelidos e DNI. A reserva farase por orde de inscrición ata completar as prazas do autobús. Teléfono de contacto: 982 58 18 15.

No caso de que o Burela FSF Pescados Rubén se clasifique para as semifinais do sábado, a entidade laranxa fletará outro autobús para presenciar o partido, que comezará ás 17.00 horas.

Localización: Pavillón municipal dos Remedios

Venres 9 de abril – CUARTOS DE FINAL

10.00 horas: Cajasur Córdoba-Diamante Rioja
12.00 horas: Femesala Elche-Burela FSF Pescados Rubén
17.00 horas: FSF Móstoles Cospusa-UCAM Murcia
19.00 horas: Ponte Ourense-Atlético de Madrid Navalcarnero

Sábado 10 de abril – SEMIFINAIS

17.00 horas: Vencedor do 1º partido-Vencedor do 2º partido
19.00 horas: Vencedor do 3º partido-Vencedor do 4º partido

Domingo 11 de abril – FINAL

12.00 horas: Vencedor da 1ª semifinal-Vencedor da 2ª semifinal

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores