Noticias
24 de marzo de 2010
Cinco burelistas representarán a Selección Galega ante Libia

O amigable benéfico por Haití entre a Selección Galega Absoluta de Fútbol Sala e Libia do vindeiro luns, 29 de marzo, brillará con cor laranxa e non só porque se dispute en Vista Alegre, senón tamén porque o combinado irmandiño contará con cinco representantes do CD Burela FS nas súas filas.

Dous dos elixidos foron os xogadores Juanma e Revilla, que defenderán a camisola de Galicia na pista xunto ao gardameta Edu. A entidade laranxa tamén contará con representación no corpo técnico, coa presenza do adestrador do Burela FS feminino, Javier Pardeiro, compartindo responsabilidades como seleccionador co transportista Bruno García, e do técnico do Burela  FS masculino, Suso Rey, como preparador físico.

Xunto aos tres membros laranxas, Bruno García e Javier Pardeiro foron fieis a súa primeira convocatoria, en 2008 ante Uruguai, e tamén convocaron a Toni, Adri e Hugo, do Azkar Lugo; Pola, Luis e Juan Puertas, do Xacobeo 2010 Lobelle; Canoli e Pablo, do Parrulo; David e Víctor, do Cidade de Narón; Edu, do Carballiño FS; e Manu, do Noia.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores