Noticias
23 de marzo de 2010
O fútbol sala feminino entra nas aulas do colexio Virxe do Carme

Integrado no programa de difusión deportiva do club laranxa, as alumnas do colexio burelao Virxe do Carme tiveron a oportunidade de compartir aula e pavillón, na mañá de onte, con membros do Burela FSF Pescados Rubén. O segundo preparador do equipo, Marcelo Santoro ‘Neco’, e as xogadoras Cuchi e Souza achegaron o mundo do fútbol sala ás rapazas de quinto e sexto de primaria, acompañados do xerente do CD Burela FS, Juan Carlos Modia. 

O técnico burelista conversou coas alumnas sobre os beneficios deste deporte, ademais de agasallar a seus pais con pases especiais para asistir ao encontro entre o Burela FSF e o Preconte Telde do vindeiro sábado (19.00 horas). Tras a charla, o pavillón do centro acolleu dous adestramentos, nos que as nenas puideron practicar fundamentos tácticos como control e pase de balón, ademais de realizar lanzamentos a portería.

O adestrador Marcelo Santoro e a ala-pivote Souza regresarán ao colexio Virxe do Carme mañá para compartir unha nova sesión coas alumnas de cuarto curso.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores