Mércores, 8 de Setembro de 2010
Visitante nº
Versión en galego
Versión en español
Novas
Últimas novas publicadas
Lunes, 8 de Febrero de 2010
O Burela FS medirase ao Azkar no I Trofeo Entroido de Viveiro (mércores 10, 20.30 horas)

O CD Burela FS medirase ao Azkar Lugo no I Trofeo Entroido de Viveiro, que terá lugar o vindeiro mércores, 10 de febreiro, ás 20.30 horas, no pavillón municipal da cidade do Landro.

Baixo a organización do Puerto de Celeiro FS, a solidariedade cos damnificados do terremoto de Haití é o xerme desta primeira edición; o club viveirense doará o cincuenta por cento da recadación do encontro para a reconstrución do país sudamericano. As entradas serán de dous prezos: 5 euros para adultos/as e 2 ata a idade xuvenil.

O consistorio viveirense acolleu a presentación do trofeo o sábado pasado, á que acudiu o xerente do Burela FS, Juan Carlos Modia, xunto ao concelleiro de Deportes de Viveiro, Jesús Antonio Fernández Cal; o presidente do Puerto Celeiro, Manuel Jesús Gómez Otero; e o xerente do Azkar Lugo, Óscar Hermida.

Click aquí para descargar la última versión de Flash Player.