Noticias
29 de xaneiro de 2010
O ala-peche madrileño Juampe desvincúlase do club burelista

O ala-peche Juan Pedro Toldos, Juampe, non rematará a liga nas filas do CD Burela FS. Na súa segunda tempada consecutiva vestindo a camisola laranxa, o madrileño desvincúlase do equipo; ambas as dúas partes decidiron rescindir o seu contrato ante a oferta que recibiu o xogador para ingresar no Azkar Lugo, de Honra.

Juampe chegou á localidade mariñá en 2004-05 cedido polo Carnicer Torrejón, tempada na que o Burela FS disputou o seu primeiro play off á División de Honra. Tras outros dous exercicios na escuadra ‘torrejonera’, o ala-peche regresou ao club laranxa en 2008-09, volvendo a pelexar, na cuarta tentativa burelista, polo acceso á elite futbolística.  

O club agrádecelle a Juampe a profesionalidade demostrada durante a súa estadía no Burela FS e deséxalle un futuro repleto de logros na súa nova andadura xunto ao conxunto transportista.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores