Noticias
28 de xaneiro de 2010 La Voz// Foto: Manuel Cao
As apostas dos clubs xa clasificados sitúan o Burela FSF na Copa de España

A maioría dos equipos con billete asegurado para a próxima edición da Copa de España de Fútbol Sala Feminino ven o Burela FSF Pescados Rubén como compañeiro de viaxe. Dos cinco técnicos que estarán con total seguridade na cita de Ourense, do 8 ao 11 de abril, só un exclúe o conxunto mariñán da listaxe de participantes. Marabillas Salsano, preparadora do Femesala Elche, precisamente o último verdugo das laranxas na liga regular, pensa que o Valladolid obterá un resultado positivo no partido que se disputará o vindeiro domingo en Vista Alegre, determinante na sorte dos protagonistas.

 

[+ inf. en La Voz de Galicia]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores