Noticias
27 de xaneiro de 2010
A Pataca Naranxa homenaxea o Entroido o 6 de febreiro

A peña A Pataca Naranxa renderalle homenaxe ao Entroido 2010 o sábado 6 de febreiro cun tradicional cocido, tan típico destas datas. Coincidindo co encontro da vixésima xornada de Prata entre o Burela FS e o Camping El Escorial, o colectivo reunirá os seus socios e socias nun xantar na Parrillada de Jandro, a partir das 15.00 horas. O prezo será de 8 euros.

Ata o 4 de febreiro, todas as persoas interesadas poderán retirar os tickets na cafetería Vista Alegre, na cervexería O Trisquel e na Parrillada de Jandro, ou facer a reserva a través do número 607 74 87 86.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores