Noticias
25 de xaneiro de 2010 Foto: Manuel Cao
As burelás xogarán a súa presenza na Copa de España o domingo, ante o Valladolid

O Burela FSF Pescados Rubén cambia o seu horario habitual dos sábados en Vista Alegre para a gran cita que decidirá a súa presenza na Copa de España (Ourense, 8-11 de abril). O conxunto de Javier Pardeiro xogará o último encontro da primeira volta na División de Honra ante o Valladolid FSF o domingo, 31 de xaneiro, a partir das 12.30 horas.

Nesta xornada, 4 conxuntos pelexarán por asentarse entre os sete primeiros clasificados, número de participantes na Copa, xunto ao anfitrión ourensán. O duelo directo protagonizarano as mariñás, que ocupan a sétima praza con 27 puntos, e as pucelanas, que son quintas con 28. Os outros dous candidatos  terán rivais máis accesibles; o UCAM Murcia defenderá a súa sexta praza (27 puntos) na casa ante o Campillos, décimo cuarto, e o Diamante Rioja, que é oitavo con 26 puntos, intentará coarse entre os privilexiados da copa na pista do antepenúltimo, o Castelldefels.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores