Noticias
22 de xaneiro de 2010
O infantil Miguel Rivas participará na preparación da Selección Galega

O alumno da EDM Burela FS Miguel Rivas foi convocado para a posta a punto da Selección Galega Infantil cara ao nacional de comunidades. O xogador do Infantil A laranxa adestrará co combinado autonómico o vindeiro martes, 26 de xaneiro, ás 17.00 horas, no pavillón compostelán de Restollal.

Sub-20. A capital galega tamén acollerá a segunda sesión preparatoria de selección sub-20, cos xogadores do primeiro equipo masculino Brais e Turero e o xuvenil Manuel. Será o luns 25, no pavillón de Pontepedriña, a partir das 17.00 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores