Noticias
21 de xaneiro de 2010
A entidade laranxa lanza os abonos de media tempada

Navegando polo ecuador ligueiro, o CD Burela FS lanza a campaña de socios/as de media tempada, con prezos moi accesibles, oscilando entre os 10 euros de xuvenil e os 60 de familiar.

En xaneiro, os abonos redúcense ao cincuenta por cento e incluso máis, con dereito aos partidos do equipo masculino, en Prata, e do feminino, en Honra. O individual é de 35 euros e o familiar de 60; o xuvenil (14-18 anos) custa 10 e o universitario e de xubilado son de 30 euros.

Todas aquelas persoas interesadas poden recibir máis información no local social do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou a través do número de teléfono 982 58 18 15.

Entrada. O prezo nos partidos do Burela FS para os non socios/as é de 7 e 3 euros, adultos/as e xuvenís respectivamente. Para asistir a cada cita do Burela FSF Pescados Rubén en Vista Alegre as persoas adultas non socias deben pagar 3 euros. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores