Noticias
19 de xaneiro de 2010 Foto: Carlos Echevarría
Irene compartirá tarefas con Jozi no adestramento de gardametas de base

A porteira do Burela FSF Pescados Rubén Irene, unha das protagonistas no ascenso do conxunto laranxa á División de Honra, compartirá tarefas coa brasileira internacional Jozi no adoutrinamento de gardametas da EDM Burela FS.

Nesta iniciativa de especializar ensinanzas, os adestramentos específicos reunirán, dende hoxe, a porteiros e porteiras das categorías benxamín, alevín e infantil. Un total de 17 pequenos/as gardametas aprenderán con ambas as dúas deportistas de ampla experiencia en sesións con periodicidade semanal. 

Xunto a Irene e Jozi, os xogadores e xogadoras dos primeiros equipos Purao, Revilla, Juanma, Dolo e Cuchi pertencen ao profesorado da escola que dirixe Alfsonso Mera, ademais da participación do segundo adestrador do Burela FSF, Neco, e dos monitores Carlos Méndez e Carlos Moreno.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores