Noticias
18 de xaneiro de 2010
Os burelistas Brais, Turero e Manuel, na Selección Galega Sub-20

Os integrantes do CD Burela FS Brais García e Rubén García, ‘Turero’, foron reclamados por Galicia Sub-20, xunto ao xuvenil Manuel Jiménez, para a preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que terá lugar en Santiago de Compostela entre o 10 e o 14 de febreiro.

O primeiro adestramento do combinado que dirixe Santiago Valladares será hoxe, luns, ás 17.00 horas, no pavillón compostelán de Pontepedriña.

Xunto aos tres representantes laranxas, completan esta convocatoria inicial Antonio Diz, Alejandro Míguez e Iago Míguez, do Azkar Lugo; Ignacio Soage, Diego Quintela e Héctor Garrote, do Xacobeo 2010-Autos Lobelle; David Rouco, do Puerto Celeiro; Jorge Tizón e Álvaro Velasco, do Coruxo FS; e David López, do Parrulo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores