Noticias
16 de xaneiro de 2010
Vitoria do Burela FSF (2-0) ante un difícil Soto del Real

Gañaron as pupilas de Javier Pardeiro un partido que se lles puxo de cara aos cinco minutos grazas a un gran gol de Lucía á saída dun córner. As madrileñas intentaron enfrontar o xogo laranxa cunha defensa agresiva e algunha que outra xogada que a piques estivo de custar un desgusto á parroquia local, aínda que a primeira parte rematou con 1-0.

Durante a segunda parte, o xogo volveuse espeso e ningún dos dous equipos mandaba con claridade. Ata que Lidia anotou o definitivo 2-0, logo de xogada persoal. Traballada vitoria das mariñás, que se achegan cada vez máis á posibilidade de xogar a Copa de España, que se celebrará en Ourense.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores