Noticias
16 de xaneiro de 2010
O equipo masculino cae ante La Muela (3-2) pero mantén a terceira praza

A derrota do Burela FS no seu desprazamento a Zaragoza non lle impide continuar na terceira praza do Grupo Norte. Empezou marcando o cadro de Suso Rey por mediación de Javi Rodríguez (0-1. Minuto 7), pero déronlle a volta ao marcador os aragoneses por mediación de San Miguel (minuto 13) e Jose Mari (minuto 25).

No treito final, cando os laranxas intentaban a remontada, a mala sorte fixo que Minu marcase un gol en propia porta (3-1, minuto 37). E xa só Juanpe, cun gol no 38, modificou o electrónico.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores