Noticias
15 de xaneiro de 2010
A División de Prata volve para os burelaos en terras aragonesas

Despois do aprazamento Burela FS-BP Andorra da semana pasada, os pupilos de Suso Rey retoman por fin a competición de Prata este sábado, 16 de xaneiro, en terras aragonesas. Enfrontaranse a La Muela no centro deportivo da localidade zaragozana, a partir das 18.00 horas.

Sen perder a terceira praza (28 puntos) e cun partido menos, o Burela FS loitará pola vitoria na décimo sétima xornada ante o duodécimo (14 puntos) do Grupo Norte.  Os mariñáns, co Lanzarote Tías Yaiza (27) e o Colegio Arenas Gáldar (26) moi próximos, precisan puntuar para non poñer en perigo o podio e tocaralles pelexar cun equipo que medra na súa pista; La Muela conseguiu 12 dos seus 14 puntos La Muela como local, ante Illescas (5-4), OPDE Ribera de Navarra (4-3), Valverde (8-4) e Camping El Escorial (6-4).

O conxunto laranxa, que xa adestrou esta mañá en La Muela, disporá de todos os seus efectivos no regreso do equipo á liga, tras a parada de Nadal.

 

Xornada 18ª. O CD Burela modificará o horario habitual de Vista Alegre para recibir o seu vindeiro rival, o Lanzarote Tías Yaiza. O encontro será o venres 22 de xaneiro, ás 21.00 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores