Noticias
15 de xaneiro de 2010
A Coruña e Lugo, rivais da Mariña na final de Seleccións Locais Base

A Coruña e Lugo serán os rivais da Mariña Benxamín e Cadete, respectivamente, na final do Campionato Autonómico de Seleccións Locais, que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro domingo, 17 de xaneiro.

O conxunto cadete logrou a clasificación grazas ás vitorias ante o combinado de Lambre e Ferrol; os benxamíns, ademais dos triunfos fronte ás devanditas seleccións, precisaron un terceiro encontro, ante Cambre (0-6).

O pavillón de Restollal acollerá o encontro A Mariña-A Coruña, na categoría benxamín, a partir das 12.15 horas. No caso de gañar, os da costa de Lugo, cos burelistas Luismi, Nito e Néstor, terán que enfrontarse na final ao vencedor de Ourense-Santiago, ás 18.00.

En cadetes, A Mariña  medirase a Lugo cos laranxas Miguel, Daniel, Noé e Alejandro, no pavillón de Santa Isabel (11.30 horas). A final será ás 17.00, entre o gañador de Vigo-Santiago e A Mariña-Lugo.

 

FASE PREVIA

 

1º encontro

A Mariña Benxamín 4-0 Lambre Benxamín
A Mariña Alevín 5-6 Lambre Alevín
A Mariña Infantil 8-2 Lambre Infantil
A Mariña Cadete 5-1 Lambre Cadete

2º encontro

Ferrol Benxamín 3-8 A Mariña Benxamín
Ferrol Alevín 10-1 A Mariña Alevín
Ferrol Infantil 4-2 A Mariña Infantil
Ferrol Cadete 4-6 A Mariña Cadete

3º encontro

Cambre Benxamín 0-6 A Mariña Benxamín
Cambre Alevín 2-9 A Mariña Alevín

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores