Noticias
13 de xaneiro de 2010 Foto: Manuel Cao
Jozi incorpórase ao profesorado da escola laranxa

A internacional brasileira Joziane de Oliveira, nova porteira do Burela FSF Pescados Rubén, incorporarase ao profesorado da EDM Burela FS, que dirixe Alfonso Mera, para adestrar os pequenos e pequenas gardametas.

Jozi, que compartirá moitos dos seus coñecementos e segredos coas categorías benxamín, alevín e infantil en sesións específicas, amplía a nómina de xogadores e xogadoras dos primeiros equipos laranxas que xa desenvolven estas tarefas adoutrinadoras dende comezos da tempada 2009-10, con Purao, Revilla, Juanma, Cuchi e Dolo, ademais do segundo adestrador do Burela FSF, Marcelo Santoto ‘Neco’, e os monitores Carlos Méndez e Carlos Moreno. 

O profesorado, composto por 9 adestradores/as dende a chegada de Jozi,  traballa con 10 grupos entre prebenxamín e infantil. O Prebenxamín A aprende durante este curso con Purao e Cuchi; a xogadora burelista tamén comparte responsabilidades con Revilla no Prebenxamín B e Carlos Moreno é o encargado do Prebenxamín C, ademais de adestrar os benxamíns A e C. As sesións do Benxamín B sucédense baixo a organización de Juanma e Dolo; Neco dirixe o Alevín B e Carlos Méndez alecciona os dous grupos infantís e o Alevín A.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores