Noticias
12 de xaneiro de 2010
Espina & Delfín presta o seu apoio á base laranxa

A empresa galega Espina & Delfín prestará o seu apoio á base do CD Burela FS a través do patrocinio do conxunto cadete na tempada 2009-10.

Con base no acordo pechado entre a compañía hidráulica e o club laranxa, o conxunto que adestra Marcelo Santoro, ‘Neco’, lucirá o logo de Espina & Delfín na parte dianteira das camisetas de competición, na Liga Autonómica Cadete.

Fundada nos anos 70, a empresa dirixe a súa actividade dende Santiago de Compostela, especializada na área de depuración da auga, co mantemento e xestión de servizos municipais. Espina & Delfín abarca os diferentes ciclos da auga, dende a súa captación no medio natural ata a evacuación por colectores de saneamento ou emisarios submarinos, garantindo a potabilidade para os usuarios/as.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores