Noticias
11 de xaneiro de 2010
Os burelistas álzanse co 'AD Santiago de Foz 2010' en miniprebenxamíns

A EDM Burela FS proclamouse campioa do I Torneo de Reis ‘AD Santiago de Foz 2010’, esta fin de semana, como miniprebenxamín. Os máis pequenos do club laranxa, Prebenxamín B, fixéronse co título despois de impoñerse ao equipo anfitrión (3-7) e o Praia de Covas (3-5).

Os outros dous representantes burelistas no torneo focego, Prebenxamín A e C, participaron na categoría prebenxamín, apuntando maneiras, aínda que con menos sorte. O primeiro perdeu ante AD Santiago de Foz (8-1) e Puerto Celeiro FS (2-6) e venceu ao Praia de Covas (4-0); o segundo non puido probar a vitoria, caendo ante AD Santiago de Foz (5-1), Puerto Celeiro (4-1) e Praia de Covas (2-1).

Xuvenís. O equipo de Javier Pardeiro viuse obrigado a suspender o seu desprazamento a Santiago de Compostela do domingo, para disputar ante o Lobelle a primeira xornada da segunda fase da Liga Nacional xuvenil, polo temporal de neve.

 

MINIPREBENXAMÍNS

AD Santiago de Foz 3-7 EDM Burela FS B
Praia de Covas 3-5 EDM Burela FS B


PREBENXAMÍNS

AD Santiago de Foz 8-1 EDM Burela FS A
Praia de Covas 1-5 Puerto Celeiro FS
AD Santiago de Foz 5-1 EDM Burela FS C
EDM Burela FS A 2
-6 Puerto Celeiro FS
AD Santiago de Foz 3-1 Praia de Covas
Puerto Celeiro FS 4-1 EDM Burela FS C
EDM Burela FS A 4
-0 Praia de Covas
AD Santiago de Foz 1-3 Puerto Celeiro FS
Praia de Covas 2-1 EDM Burela FS C

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores