Noticias
8 de xaneiro de 2010
Aprazado o encontro Burela FS-BP Andorra ata o 15 de febreiro

O Burela FS pospón o seu encontro ante o BP Andorra de mañá, correspondente á décimo sexta xornada da División de Prata, por petición do equipo pirenaico. A data alternativa para o enfrontamento queda fixada para o  Luns de Entroido, 15 de febreiro, coa hora aínda por confirmar.

O club andorrano solicitou o aprazamento do partido ante a dificultade de trasladarse ata Galicia pola adversidade das condicións metereolóxicas; as fortes nevadas que durante estes días cobren boa parte do territorio español imposibilitan o traxecto do rival burelista no comezo da segunda volta de Prata.

Vista Alegre terá que agardar para o regreso da competición ligueira. Non obstante, a afección laranxa terá outra cita co fútbol sala esta fin de semana, o II Trofeo Raíñas Meigas, que enfrontará o Burela FSF e o Valladolid, a partir das 12.00 horas do domingo.

A próxima cita de Prata dos pupilos de Suso Rey será o 16 de xaneiro, na pista de La Muela-Aragón. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores