Noticias
8 de xaneiro de 2010 Foto: Concello de Burela
O Burela FS renova o seu convenio co Concello para a xestión da escola deportiva

O CD Burela FS renovou esta mesma mañá o seu convenio de colaboración co Concello de Burela para 2009-10, polo que a entidade laranxa asume, unha tempada máis, a xestión da escola deportiva municipal de fútbol sala. O consistorio acolleu a sinatura do compromiso entre a concelleira de Deportes, Neves Cando, e o directivo burelista Marcelino Luna.

Este é o terceiro ano de xestión para o club laranxa na escola deportiva municipal, con preto de 160 rapaces/as en 10 equipos, entre as categorías de prebenxamín e infantil.

Na xuntanza de hoxe tamén estiveron presentes Pedro Chao e Carlos Méndez, por unha banda, e José García, pola outra, para renovar os convenios do Club Baloncesto Burela e a SD Burela respectivamente.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores