Noticias
7 de xaneiro de 2010
I Torneo de Reis 'AD Santiago de Foz', cita para os prebenxamíns burelistas

Os tres equipos que compoñen a categoría prebenxamín da EDM Burela FS participarán no I Torneo de Reis ‘AD Santiago de Foz 2010’ este sábado, 9 de xaneiro.

Os conxuntos laranxas A e C, nados/as en 2002-03, estarán integrados no Grupo Prebenxamín xunto ao AD Santiago de Foz, Praia de Covas e Puerto Celeiro FS; disputarán os seus encontros no pavillón do colexio do Pilar. O equipo B, con alumnos/as nacidos/as en 2003-04, xogará no Grupo Miniprebenxamín con AD Santiago de Foz, Praia de Covas e EDM Cervo; o pavillón Torques de Marzán será a súa sede.

Liga. Os xuvenís serán o único equipo das categorías inferiores do Burela FS que retome a competición regular –Liga Nacional Xuvenil- esta fin de semana; os pupilos de Javier Pardeiro visitarán o pavillón compostelán de Santa Isabel o domingo (12.00) para enfrontarse ao Lobelle. Nas ligas autonómicas, aos cadetes tócalles xornada de descanso e os infantís aprazarán a visita do Azkar Lugo.

 

MINIPREBENXAMÍNS-Pavillón Torques de Marzán

10.30 horas AD Santiago de Foz-EDM Burela FS B
11.00 horas EDM Cervo-AD Santiago de Foz
11.30 horas Praia de Covas-EDM Burela FS B
12.00 horas EDM Cervo-Praia de Covas
12.30 horas EDM Burela FS B-EDM Cervo
13.00 horas AD Santiago de Foz-Praia de Covas
13.30 ENTREGA DE MEDALLAS

PREBENXAMÍNS-Pavillón do colexio do Pilar

16.00 horas AD Santiago de Foz-EDM Burela FS A
16.30 horas Praia de Covas-Puerto Celeiro FS
17.00 horas AD Santiago de Foz-EDM Burela FS C
17.30 horas EDM Burela FS A-Puerto Celeiro FS
18.00 horas AD Santiago de Foz-Praia de Covas
18.30 horas Puerto Celeiro FS-EDM Burela FS C
19.00 horas EDM Burela FS A-Praia de Covas
19.30 horas AD Santiago de Foz-Puerto Celeiro FS
20.00 horas Praia de Covas-EDM Burela FS C
20.30 horas EDM Burela FS A-EDM Burela FS C

21.00 horas ENTREGA DE MEDALLAS

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores