Noticias
5 de xaneiro de 2010
Los Telares viste o Burela FS Feminino

O Burela FSF Pescados Rubén presentou a roupa de tempada que lucirán as xogadoras e o corpo técnico nos eventos oficiais. A firma española de téxtil Los Telares, dirixida en Burela por Ángeles Marcos, encárgase de vestir a entidade laranxa no exercicio 2009-10.

Nunha tendencia ‘casual’, a indumentaria do equipo feminino comporase de pantalón chinés en ton tostado, con chaqueta de la e cazadora negras.

O xerente do club laranxa, Juan Carlos Modia, agradeceu este novo apoio do empresariado da comarca ao fútbol sala, “sen o que o CD Burela FS non podería chegar ao estatus deportivo e persoal do que goza na actualidade”.

Sita na avenida burelá Eijo Garay, número 12 (esquina coa rúa do Correo), Los Telares ofrece aos seus clientes moda de muller e home, ademais de infantil, baseándose na variedade, calidade e prezos competitivos. O establecemento pon á súa disposición unha ampla gama de talles e estilos que responden á demanda cada vez máis esixente do mercado. A empresa Los Telares, cunha experiencia de 25 anos no sector téxtil en España, posúe máis de 125 puntos de venda repartidos por todo o territorio nacional.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores