Noticias
5 de xaneiro de 2010
Visita real ao Hospital da Costa

Aínda que sen capa de Oriente, o CD Burela FS visitou onte a sección de Pediatría do Hospital da Costa, na vila, para adiantarse aos Reis Magos. As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén Ro e Marta foron acompañadas polo delegado do equipo feminino Manuel Carballés.

Coma se de paxes reais se tratara, as futbolistas laranxas quixeron facerlles entrega aos nenos ingresados de diferentes agasallos, como peluches ou contos, ademais de interesarse pola súa saúde e falar con eles; os rapaces, pola súa banda, mostráronse moi entusiasmados coa visita burelista.

Esta foi a segunda visita do club mariñán ao Hospital da Costa no que vai de Nadal. Nas vésperas do 25 de decembro, Dolo, Souza, Purao e Revilla xa acudiron ao centro médico como axudantes de Papá Noel.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores