Noticias
4 de xaneiro de 2010
A cor laranxa brilla no Torneo Benéfico 'Mételle un Gol ó Cancro'

A cor laranxa do CD Burela FS brillou con luz propia no partido de exhibición do X Torneo Benéfico ‘Mételle un Gol ó Cancro’ na tarde de onte en Abegondo. Os pupilos de Suso Rey impuxéronse con soltura ante o Deportivo de Veteranos (1-5), conxunto que contou con figuras de recoñecido prestixio como Paco Jémez, Manjarín ou Luís Gómez.

O público que se achegou ao pavillón de San Marcos puido contribuír a unha boa causa e gozar do espectáculo ofrecido por burelistas e deportivistas, nun encontro de puro dominio mariñán. Saltaron á pista no cinco inicial polo CD Burela FS Brais, Juanma, Vijande, Revilla e Manuel; tamén xogaron Dani Martín, Purao, Juampe, Christian, Turero, Adrián Álvarez e Edu.

RESULTADOS DA COMPETICIÓN

TORNEO MASCULINO

1º CLASIFICADO -- SADA FS
2º CLASIFICADO -- VENTORRILLO FS
3º CLASIFICADO -- FUTGOL

MELLOR XOGADOR -- JACOBO CASTELO,  SADA FS
MÁXIMO GOLEADOR -- JACOBO CASTELO, SADA FS

TORNEO FEMININO

1º CLASIFICADO -- AS DE FERROL
2º CLASIFICADO -- VIAXES AMARELLE
3º CLASIFICADO -- CERVECERÍA A DORNA

MELLOR JUGADORA -- ERIKA GONZÁLEZ, AS DE FERROL
MÁXIMA GOLEADORA -- SHEILA GONZÁLEZ, AS DE FERROL

[+ inf. en ‘Mételle un Gol ó Cancro’]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores