Despois de dúas semanas de adestramento, o alumnado da Escola Deportiva Municipal Burela FS terá as súas primeiras citas na pista o vindeiro sábado, 3 de setembro. Vista Alegre acollerá durante toda a mañá os encontros dos grupos A de prebenxamín, benxamín, alevín e infantil ante o Azkar Lugo. Comezará o equipo de Purao e Cuchi, o Prebenxamín A, ás 10.00; unha hora máis tarde saltará á cancha o Benxamín A, que adestra Carlos Moreno; os conxuntos Alevín A e Infantil A, dirixidos por Carlos Méndez, enfrontaranse aos transportistas ás 12.00 e 13.00 respectivamente.
10.00 horas EDM Burela FS Prebenxamín A-Azkar Lugo Prebenxamín
11.00 horas EDM Burela FS Benxamín A-Azkar Lugo Benxamín
12.00 horas EDM Burela FS Alevín A-Azkar Lugo Alevín
13.00 horas EDM Burela FS Infantil A-Azkar Lugo Infantil