Noticias
27 de agosto de 2009
A firma Munich calzará o CD Burela FS

A firma española Munich encargarase de calzar os primeiros equipos do CD Burela FS na tempada 2009-10. O club laranxa chegou a un acordo coa devandita marca, que se converte no sponsor oficial tanto do Burela FS coma do Burela FS Feminino.

Munich, de orixe catalá, naceu no ano 1939 como calzado técnico deportivo. Na década dos 70, a marca conseguiu posicionarse como un dos principais fabricantes de calzado deportivo, liderando modalidades como o fútbol sala e o balonmán, ao que se suma o éxito internacional dos últimos anos na moda streewear. En 2009 a firma barcelonesa lanzou dúas liñas para nenos dende os seus primeiros pasos, ademais de dar o salto ao mundo virtual a través do nivel  ‘LittleBigPlanet’ da Playstation 3.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores