Noticias
26 de agosto de 2009
A clínica Virxe da Mariña reafirma a súa aposta polo fútbol sala

O centro médico-cirúrxico Virxe da Mariña reafirma a súa aposta polo fútbol sala unha tempada máis a través da colaboración co club laranxa. A directora-xerente da clínica, Mª. Esther García Insua, e o xerente do CD Burela FS, Juan Carlos Modia, asinaron o convenio para o exercicio 2009-10 esta semana.

Ademais de realizar as correspondentes revisións médicas ao inicio da pretempada, os especialistas do centro farán un seguimento do equipo masculino laranxa durante a competición ligueira, coidados que nesta tempada se estenderán ao Burela FS Feminino.

A Virxe da Mariña conta con atención nas especialidades de medicina xeral, enfermería, traumatoloxía, dermatoloxía, xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, psiquiatría, logopedia, fisioterapia, oftalmoloxía e radioloxía. O centro completa os seus servizos cun gabinete psicotécnico e tratamentos con láser (vascular e depilación) e dermoestéticos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores