Noticias
25 de agosto de 2009
O luso-brasileiro André incorpórase ao cadro de Suso Rey

O adestrador laranxa, Suso Rey, poderá contar hoxe coa última incorporación ao Burela FS para o amigable de Noia ante o Marfil Santa Coloma. Trátase de André Luiz Nogueira Fernandes, ala de nacionalidade luso-brasileira que na tempada pasada militou no ASD Regalbuto da Serie A2 italiana.

Nado no Río de Xaneiro hai 22 anos, André tamén posúe experiencia no fútbol sala do seu país de orixe, concretamente, no Vasco da Gama. Esta non é a primeira vez que o xogador se traslada a Burela; en 2008, o ala xa participou nos adestramentos de verán que o CD Burela FS organizou para promesas futbolísticas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores