Noticias
25 de agosto de 2009
O Burela FSF verase co Amarelle na XIX Copa Galicia, o sábado 29

O Burela FS Feminino comeza forte a preparación para a División de Honra. O Viajes Amarelle Sal Lence FSF, de Prata, abrirá o calendario da pretempada laranxa nos cuartos da XIX Copa Galicia; será o vindeiro sábado, 29 de agosto, en Vista Alegre, a partir das 18.30 horas.

As xogadoras de Javier Pardeiro medirán as súas forzas cun vello coñecido, co que compartiron grupo en Prata durante 2008-09, ademais de competir en numerosos amigables, como o Torneo de Ribadeo ou a presentación en sociedade do Burela FSF, na tempada pasada, con pleno de vitorias para as mariñás.

O Funeraria Apóstol de Santiago, que milita Autonómica, será o outro rival do conxunto burelista nesta eliminatoria, coa data do enfrontamento aínda por determinar.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores