Noticias
24 de agosto de 2009
O equipo laranxa mídese ao Marfil Santa Coloma en Noia

O CD Burela FS medirase mañá en Noia ao Marfil Santa Coloma, conxunto de Honra que vén de proclamarse campión do V Memorial Celso Currás de Trabada e do Torneo de Barreiros; o encontro será no pavillón municipal da vila coruñesa, a partir das 20.00 horas.

Este será o terceiro amigable do equipo laranxa no que vai de pretempada. Comezou o pasado 19 de agosto, con vitoria en Vista Alegre ante o Azkar B (3-0); o sábado pasado, pola contra, caeu fronte ao Autos Lobelle (2-5), no memorial trabadense.  

Juampe, Minu e Christian, que non puideron participar nos anteriores partidos, serán de novo baixa no vestiario de Suso Rey, que tampouco poderá contar con Dani Martín, cunha lesión de xeonllo sufrida o sábado por unha dura entrada do xogador compostelán Leitão. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores